17/03/12

ANIMALIA FANTÁSTICA

Cunqueiro serviunos de modelo para realizar unha serie de retratos de animais fantásticos. Esta é unha selección dos mellores:

27/02/12

A NARRATIVA DE POSGUERRA: A. FOLE

Ánxel Fole foi un dos autores máis destacados da narrativa breve de posguerra. 

A súa obra podemos dividila en dúas etapas: A etapa rural, durante a que vive afastado nas terras do Courel e do Incio, onde ambienta as súas historias, e a etapa urbana, na que volve a vivir na cidade de Lugo, que pasa a ser o escenario dos seus contos.

Os contos de Fole mesturan a realidade material (paisaxe, costumes, xentes...)e inmaterial (crenzas, supersticións...) de Galicia.

A continuación tedes tres curtas baseadas respectivamente en tres contos de Á lus do candil Os defuntos falaban castelao, A caixa do morto e Os Lobos:


O cadaleito, con guión adaptado polo dramaturgo galego Francisco Taxes, foi dirixida por Henrique Rguez. Baixeras  no ano 1976, e chegou acadar, entre outros, o premio Mikeldi de prata no XVIII Certame Internacional de Cine documental e curtametraxes de Bilbao, un dos certames de maior prestixio daquel tempo.

 
Os Lobos realizouse o ano que se lle dedicou o Día das Letras Galegas a Ánxel Fole.

21/02/12

A RENOVACIÓN DA NARRATIVA GALEGA: A ESMORGA

A Esmorga é na actualidade un clásico da literatura galega. Publicada en B. Aires no ano 1959 ante a imposibilidade de poder ser publicada en España a causa da censura franquista, foi coñecida en Galicia clandestinamente por un público moi reducido. 
As circunstancias vitais de Blanco Amor, a cabalo entre Arxentina e Galicia farán que a súa obra sexa o resultado dunha triple influencia: o neorrealismo, a narrativa hispanoamericana e a tradición galega, o que supuxo a introdución de novos procedementos narrativos e estéticos na narrativa galega de posguerra. 
Un dos méritos d'A Esmorga é a súa coidada estrutura compositiva. A obra ábrese e péchase coa intervención dun narrador-cronista que nos informa, ao comezo, da documentación utilizada para a elaboración do corpo central e, ao final, da morte do narrador-protagonista, Cibrán, un marxinado incapaz de ser dono do seu destino debido a determinantes psicolóxicos e sociais.
Tanto nesta obra coma en Xente ao lonxe ou Os biosbardos, existen unha serie de motivos recorrentes que vertebran a narrativa de Blanco Amor: o espazo urbano de Auria, marco no que se desenvolven os acontecementos, a pertenza dos protagonistas ás clases populares ou aos marxinados sociais e os ambientes indixentes, en perfecta consonancia co subdesenvolvemento social e económico da Galicia de comezos do s. XX que Blanco Amor coñeceu antes de marchar para Arxentina.
A homenaxe á cidade de Ourense é o que explica a mención das súas rúas, prazas, igrexas, fontes... como se pode ver neste roteiro que trazou o Club Alexandre Bóveda de Ourense seguindo o itinerario percorrido polos protagonistas da obra:
Premede na imaxe para ver o roteiro con detalle

10/02/12

LUÍS SEOANE

07/02/12

A Lit. GALEGA DO EXILIO

03/02/12

A GUERRA CIVIL E O EXILIO

O labor galeguizador emprendido polas Irmandades da Fala, o grupo Nós e o SEG trúncase o 18 de xullo de 1936. Comeza así para as letras galegas o que se coñece como Longa noite de pedra -denominación tomada de  C. E. Ferreiro-. Numerosos intelectuais galegos serán encarcerados, asasinados ou condenados ao exilio. Iso é o que podedes ver no documental que tedes a continuación.