17/03/12

ANIMALIA FANTÁSTICA

Cunqueiro serviunos de modelo para realizar unha serie de retratos de animais fantásticos. Esta é unha selección dos mellores:

27/02/12

A NARRATIVA DE POSGUERRA: A. FOLE

Ánxel Fole foi un dos autores máis destacados da narrativa breve de posguerra. 

A súa obra podemos dividila en dúas etapas: A etapa rural, durante a que vive afastado nas terras do Courel e do Incio, onde ambienta as súas historias, e a etapa urbana, na que volve a vivir na cidade de Lugo, que pasa a ser o escenario dos seus contos.

Os contos de Fole mesturan a realidade material (paisaxe, costumes, xentes...)e inmaterial (crenzas, supersticións...) de Galicia.

A continuación tedes tres curtas baseadas respectivamente en tres contos de Á lus do candil Os defuntos falaban castelao, A caixa do morto e Os Lobos:


O cadaleito, con guión adaptado polo dramaturgo galego Francisco Taxes, foi dirixida por Henrique Rguez. Baixeras  no ano 1976, e chegou acadar, entre outros, o premio Mikeldi de prata no XVIII Certame Internacional de Cine documental e curtametraxes de Bilbao, un dos certames de maior prestixio daquel tempo.

 
Os Lobos realizouse o ano que se lle dedicou o Día das Letras Galegas a Ánxel Fole.

21/02/12

A RENOVACIÓN DA NARRATIVA GALEGA: A ESMORGA

A Esmorga é na actualidade un clásico da literatura galega. Publicada en B. Aires no ano 1959 ante a imposibilidade de poder ser publicada en España a causa da censura franquista, foi coñecida en Galicia clandestinamente por un público moi reducido. 
As circunstancias vitais de Blanco Amor, a cabalo entre Arxentina e Galicia farán que a súa obra sexa o resultado dunha triple influencia: o neorrealismo, a narrativa hispanoamericana e a tradición galega, o que supuxo a introdución de novos procedementos narrativos e estéticos na narrativa galega de posguerra. 
Un dos méritos d'A Esmorga é a súa coidada estrutura compositiva. A obra ábrese e péchase coa intervención dun narrador-cronista que nos informa, ao comezo, da documentación utilizada para a elaboración do corpo central e, ao final, da morte do narrador-protagonista, Cibrán, un marxinado incapaz de ser dono do seu destino debido a determinantes psicolóxicos e sociais.
Tanto nesta obra coma en Xente ao lonxe ou Os biosbardos, existen unha serie de motivos recorrentes que vertebran a narrativa de Blanco Amor: o espazo urbano de Auria, marco no que se desenvolven os acontecementos, a pertenza dos protagonistas ás clases populares ou aos marxinados sociais e os ambientes indixentes, en perfecta consonancia co subdesenvolvemento social e económico da Galicia de comezos do s. XX que Blanco Amor coñeceu antes de marchar para Arxentina.
A homenaxe á cidade de Ourense é o que explica a mención das súas rúas, prazas, igrexas, fontes... como se pode ver neste roteiro que trazou o Club Alexandre Bóveda de Ourense seguindo o itinerario percorrido polos protagonistas da obra:
Premede na imaxe para ver o roteiro con detalle

10/02/12

LUÍS SEOANE

07/02/12

A Lit. GALEGA DO EXILIO

03/02/12

A GUERRA CIVIL E O EXILIO

O labor galeguizador emprendido polas Irmandades da Fala, o grupo Nós e o SEG trúncase o 18 de xullo de 1936. Comeza así para as letras galegas o que se coñece como Longa noite de pedra -denominación tomada de  C. E. Ferreiro-. Numerosos intelectuais galegos serán encarcerados, asasinados ou condenados ao exilio. Iso é o que podedes ver no documental que tedes a continuación.

02/02/12

GLOSARIO DE LITERATURA 2º TRIMESTRE

Wordle: Literatura de posguerra
Premede na imaxe para vela máis grande

01/02/12

AS VANGARDAS: CALIGRAMAS

O cubismo literario iniciado por Apollinaire puxo de moda de novo os caligramas. Aquí tedes unha selección dos seus mellores imitadores de 4º A e 4ºB.


20/01/12

AS V. GALEGAS: CREACIONISMO E SURREALISMO

Malia o dito na entrada anterior, na literatura galega do 1º terzo do s. XX tamén houbo seguidores da denominada "vangarda plena", e entre eles destacan especialmente Manuel Antonio e Álvaro Cunqueiro.
M. Antonio introduce na literatura galega o creacionismo e A. Cunqueiro o surrealismo.
Os que queirades ampliar un pouco máis os vosos coñecementos sobre o creacionismo de M. Antonio podedes entrar no seguinte pp: 


View more presentations from xenevra last
A poesía de Cunqueiro caracterízase polo sincretismo vangardista. En "Mar ao norde" destacan as influencias creacionistas, en "Poemas do si e non" as influencias surrealistas, en "Cantiga nova que se chama riveira" as influencias neotrobadorescas, etc.
Sería interesante que virades o seguinte documental para afondar un pouco máis na vida e na obra de Á. Cunqueiro:

19/01/12

AS V. GALEGAS: IMAXINISMO E NEOTROBADORISMO

"Alfabeto da lúa" de Pepe Cáccamo sobre o poema "A lúa" de A. Carballo
No 1º terzo de s. XX a literatura galega estaba aínda recuperándose de tres séculos de esquecemento, e o obxectivo das Irmandades da Fala en xeral e do Grupo Nós en particular era, en palabras de V. Risco, "crear de hoxe para sempre a cultura galega". De aí que os experimentos vangardistas na literatura galega do momento non fosen moi ben vistos. Isto deu lugar á aparición de dúas correntes poéticas calificadas como "vangarda matizada" que mesturan tradición e modernidade: o imaxinismo e o neotrobadorismo. A primeira foi iniciada por Amado Carballo con dous libros "Proel" (1927) e "O galo" (1928), inspirados nas paisaxes da bisbarra pontevedresa, dos que podedes ler algúns poemas se premedes AQUÍ.
A segunda foi iniciada por Bouza Brey con libros como "Nao senlleira" (1933), consecuencia directa da divulgación dos cancioneiros medievais. Tamén podedes ler algúns dos seus poemas premendo AQUÍ.
Ambas correntes poéticas fixeron axiña fortuna e colleitaron moitos seguidores.
 Entre os seguidores do neotrobadorismo destaca especialmente Álvaro Cunqueiro con libros como "Cantiga nova que se chama riveira" (1933) ou "Dona do corpo delgado" (1950).
A continuación tedes un documental sobre Fermín Bouza Brey para que o poidades coñecer un pouco mellor.

15/01/12

AS VANGARDAS: RECEITAS DADAÍSTAS

07/01/12

ANTOLOXÍA DE MICRORRELATOS

Aquí tedes unha selección dos relatos que escribistes.
Noraboa polo voso traballo!