19/01/12

AS V. GALEGAS: IMAXINISMO E NEOTROBADORISMO

"Alfabeto da lúa" de Pepe Cáccamo sobre o poema "A lúa" de A. Carballo
No 1º terzo de s. XX a literatura galega estaba aínda recuperándose de tres séculos de esquecemento, e o obxectivo das Irmandades da Fala en xeral e do Grupo Nós en particular era, en palabras de V. Risco, "crear de hoxe para sempre a cultura galega". De aí que os experimentos vangardistas na literatura galega do momento non fosen moi ben vistos. Isto deu lugar á aparición de dúas correntes poéticas calificadas como "vangarda matizada" que mesturan tradición e modernidade: o imaxinismo e o neotrobadorismo. A primeira foi iniciada por Amado Carballo con dous libros "Proel" (1927) e "O galo" (1928), inspirados nas paisaxes da bisbarra pontevedresa, dos que podedes ler algúns poemas se premedes AQUÍ.
A segunda foi iniciada por Bouza Brey con libros como "Nao senlleira" (1933), consecuencia directa da divulgación dos cancioneiros medievais. Tamén podedes ler algúns dos seus poemas premendo AQUÍ.
Ambas correntes poéticas fixeron axiña fortuna e colleitaron moitos seguidores.
 Entre os seguidores do neotrobadorismo destaca especialmente Álvaro Cunqueiro con libros como "Cantiga nova que se chama riveira" (1933) ou "Dona do corpo delgado" (1950).
A continuación tedes un documental sobre Fermín Bouza Brey para que o poidades coñecer un pouco mellor.

0 comentários: