Ánxel Fole foi un dos autores máis destacados da narrativa breve de posguerra.
A súa obra podemos dividila en dúas etapas: A etapa rural, durante a que vive afastado nas terras do Courel e do Incio, onde ambienta as súas historias, e a etapa urbana, na que volve a vivir na cidade de Lugo, que pasa a ser o escenario dos seus contos.
Os contos de Fole mesturan a realidade material (paisaxe, costumes, xentes...)e inmaterial (crenzas, supersticións...) de Galicia.
A continuación tedes tres curtas baseadas respectivamente en tres contos de Á lus do candil Os defuntos falaban castelao, A caixa do morto e Os Lobos:
O cadaleito, con guión adaptado polo dramaturgo galego Francisco Taxes, foi dirixida por Henrique Rguez. Baixeras no ano 1976, e chegou acadar, entre outros, o premio Mikeldi de prata no XVIII Certame Internacional de Cine documental e curtametraxes de Bilbao, un dos certames de maior prestixio daquel tempo.
Os Lobos realizouse o ano que se lle dedicou o Día das Letras Galegas a Ánxel Fole.
0 comentários:
Enviar um comentário