Bosque autóctono de Galicia
A velliña vella foi falar cun fillo seu que se dedicaba a plantar árbores cuxa madeira vai ás fábricas de papel e díxolles:
- Antes os meus bosques tiñan árbores autóctonas e agora non hai máis que eucaliptus e uns poucos carballos. Veño a pedirche que repoboes os bosques galegos coas árbores da túa terra.
E el contestoulle:
- Ter, tés razón, mais as nosas árbores autóctonas tardan en medrar e necesitan moito coidado, o que supón diñeiro, e o leñador necesita madeira que levar ás fábricas para facer papel. Non terá madeira abundante se non planta árbores que non necesitan coidado.
A velliña vella camiñou ata a casa do leñador e díxolle:
- Veño a pedirche que deixes medrar as árbores autóctonas uns anos antes de os serrar; e que leves menos madeira ás fábricas para que o xardineiro poida dedicarlle máis tempo ás árbores que necesitan coidado, porque se che ten que plantar vinte eucaliptus non ten tempo de plantar tres carballos. E así non pode Galicia disfrutar das árbores da súa terra.
- Entendo o que dis, pero cada mes teño que levarlle aos traballadores das fábricas certa cantidade de madeira, que non podería levar se o xardineiro non plantase vinte árbores. Interésame gañar cartos e se non demando vinte árbores non terei diñeiro. Teño que entregar madeira cada catro meses e unha árbore autóctona tarda máis de catro anos en medrar mentres que un eucaliptus non. Quero cartos, señora miña.
E a velliña vella foi falar co dono da fábrica:
- Veño a dicirche que reduzas a produtividade da túa fábrica para que os bosques galegos teñan tempo de volver a encherse de árbores galegas.
- Non podo facer iso- dixo o dono -non baixarei a produtividade da miña fábrica, o diñeiro non medra nas árbores.-
- Perderanse as árbores galegas se isto segue así. Pero a esperanza é o último que se perde: algún galego plantará árbores galegas sen ánimo de lucro, sen esperar obter beneficios, farano para que os seus fillos poidan ver o bosque galego con árbores galegas. Ou os seus netos.
Ana R. B.
Ana R. B.
0 comentários:
Enviar um comentário