O castro de Elviña
Un día ía a velliña vella pola cidade da Coruña e pediulle a unha nena direccións para chegar á cidade vella. A nena deullas en castelán, e a vella entristeceuse moito porque o seu idioma xa non se falaba entre a xuventude, polo que foi visitar a un seu fillo que era director dun instituto.
Cando chegou díxolle ao seu fillo:
- Como é que os nenos xa non falan o noso idioma? Deberían falalo, é parte da nosa cultura. Tes que poñer máis galego neste instituto.
- Mire señora, eu non teño ningún poder sobre isto, terá que ir falar co Presidente da Xunta
A velliña foi falar co Presidente, pero non a atendeu porque tiña cousas que, segundo el, eran máis importantes.
Finalmente, foi visitar a un seu fillo que era cura, contoulle o seu problema e el díxolle:
- Mire, eu axudaríaa, pero non podo, non teño ningún control sobre este tema, sinto o mesmo que vostede, pero non a podo axudar.
A velliña vella, moi triste, foi visitar o Castro de Elviña, onde intentou conectar cos nosos antepasados celtas.
Charline M. H.
0 comentários:
Enviar um comentário