Manuel Antonio é un dos representantes máis destacados das vangardas galegas e a publicación do seu manifesto Máis Alá supuxo un revulsivo no panorama cultural galego do seu tempo. Nel arremete contra os vellos que segundo el dícía "son os que escriben hoxe coma se vivisen no antonte dos séculos", e propugna unha renovación estética e temática afastada do ruralismo decimonónico e unha absoluta liberdade creativa.
O seu libro De catro a catro "Follas sen data dun diario d'abordo", o único publicado en vida, escrito a bordo do pailebote Constantino Candeira, é unha especie de caderno de bitácora composto por 19 poemas, de influencia creacionista, nos que vai contando as incidencias dunha travesía que vive como un medio de coñecemento.
PODEDES VER UNHA ANÁLISE DOS POEMAS DO SEU LIBRO DE CATRO A CATRO ENTRANDO AQUÍ.
0 comentários:
Enviar um comentário