Co obxectivo de europeizar a cultura galega rescatándoa do illamento no que se atopaba, saía en Ourense hai hoxe 90 anos o 1º número da revista Nós, boletín mensual da cultura galega, da que se publicaron 144 números entre 1920 e 1935, unha empresa impulsada e dirixida por Vicente Risco á que se incorporaría Castelao como director artístico e na que tamén colaborarían outros persoeiros do denominado Grupo Nós como Otero Pedrayo, Cuevillas ou Losada Diéguez.
Na revista Nós colaborarán ademais de escritores galegos, escritores de países europeos como Portugal, Irlanda, Inglaterra ou Francia, e tamén de países de Hispanoamérica.
Na revista Nós colaborarán ademais de escritores galegos, escritores de países europeos como Portugal, Irlanda, Inglaterra ou Francia, e tamén de países de Hispanoamérica.
0 comentários:
Enviar um comentário